NGC 1999: o sur de Orión

NGC1999, ao sur de OriónDatos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Telescopio Espacial Hubble,
Datos de cor adicionais e procesado: Robert Gendler
Explicación: ao sur da gran rexión de formación estelar coñecida coma a Nebulosa de Orión, atópase a brillante nebulosa de reflexión NGC 1999. No bordo do complexo da nube molecular de Orión a uns 1.500 anos luz de distancia, a iluminación de NGC 1999 é proporcionada pola estrela variable V380 Orionis incrustada nela. Esa nebulosa está marcada cunha forma de T escura deitada preto do centro desta vista cósmica que abarca uns 10 anos luz. A forma escura asumíase noutrora que era unha nube de po escuro que podía verse silueteada contra a brillante nebulosa de reflexión. Pero imaxes en infravermellos recentes indican que a forma probablemente é un burato inflado ao través da propia nebulosa por potentes estrelas novas. De feito, esta rexión abunda en estrelas novas enerxéticas que producen chorros e fluxos saíntes con ondas de choque luminosas. As frontes de onda, catalogados coma obxectos Herbig-Haro (HH), nomeadas polos astrónomos George Herbig e Guillermo Haro, parécense a coiteladas vermellas nesta escena que inclúe HH1 e HH2 xusto por baixo de NGC 1999. Os chorros estelares empurran ao través do material circundante a velocidades de centos de quilómetros por segundo.

O cometa ISON: Campaña de Observación | SOHO | SDO | STEREO | Hangout