O cometa Hale-Bopp sobre Indian Cove

O cometa hale bopp sobre Indian CoveCréditos da imaxe e copyright: Wally Pacholka (Astropics, TWAN)
Explicación: o cometa Hale-Bopp, o Gran Cometa de 1997, foi unha vista incrible. Na fotografía superior tirada o 6 de abril de 1997, o cometa Hale-Bopp foi fotografado desde o campamento de Indian Cove no Parque Nacional Joshua Tree de California, EUA. Empregouse a luz dun flash para alumear por un intre as rochas de primeiro plano nesta exposición de seis minutos. Unha impresionante cola iónica azul era visible por riba dunha cola de po branca que reflicte a luz solar. O cometa Hale-Bopp ficou visible a simple vista durante un ano antes de voltar ao Sistema Solar exterior e atenuarse. Mentres o cometa ISON se achega ao Sol esta semana, entusiastas do ceo por toda a Terra están agardando para ollas as súas colas faranse aínda máis espectaculares que as amosadas polo cometa Hale-Bopp.