Créditos da imaxe: ESA, Hubble, NASAExplicación: as estrelas, coma as abellas, pululan ao redor do centro do brillante cúmulo globular M15. Esta bóla dunhas 100.000
estrelas é unha reliquia dos
primeiros anos da
nosa galaxia, e continúa a orbitar o
centro da Vía Láctea.
M15. Un dos aproximadamente 170
cúmulos globulares que fican, destaca por ser visible de xeito doado só con
binoculares, por ter no seu centro unha das
concentracións máis densas de estrelas coñecidas e conter unha abundancia elevada de
estrelas variables e
púlsares.
Esta imagen definida, publicada de forma recente, foi tirada polo
Telescopio Espacial Hubble que orbita á Terra abarcando 120
anos luz. Amosa o incremento espectacular da densidade de estrelas cara o centro
do cúmulo.
M15 atópase a uns 35.000
anos luz de distancia cara a
constelación do Cabalado Alado (
Pegasus).
Texto orixinal no APOD.