Aurora e nubes raras sobre Islandia

Aurora e nubes estrañas sobre Islandia
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées)
Explicación: que está a pasar no ceo? Nesta fría noite de inverno en Islandia, moitas cousas. O primeiro, na parte de diante, atopamos o glaciar máis grande de IslandiaVatnajokull. No extremo esquerdo, as brillantes e verdes auroras semellan emanar desde o glaciar coma se fose un volcán. A luz da aurora é reflectida polo lago Jökulsárlón, en primeiro plano. No extremo dereito hai unha nube lenticular longa e estraña tinguida con luz verde emitida desde outra aurora que está moi por detrás dela. Xusto por riba desta nube lenticular están as raras nubes lenticulares iridescentes despregando un amplo rango espectral de cores. Moito máis afastada atópase a Lúa, mentres que aínda máis lonxe da Lúa están as estrelas. A imaxe superior captouse a finais de marzo de 2012.

Texto orixinal no APOD.