O Cometa Lovejoy con M44

O cometa Lovejoy e M44Créditos da imaxe e copyrightDamian Peach
Explicación: mentres agardan ansiosamente a que o Cometa ISON aumente máis o seu brillo durante a súa caída cara o Sol, os observadores setentrionais tamén poden atopar outros tres cometas brillantes ao leste antes do mencer. De feito, o Cometa Lovejoy (C/2013 R1) é actualmente o máis brillante do ceo. Descubriuse só en setembro e non é un cometa rasante do Sol. Este Cometa Lovejoy está preto do límite da visibilidade a simple vista e podería albiscarse desde lugares con ceos moi escuros. O Cometa Lovejoy, que amosa unha coma verdella e cola nesta imaxe telescópica tomada o 7 de novembro, está a unhas 0,5 UA desde o noso fermoso planeta e a 1,2 UA desde o Sol. O cometa está a gozar dun fotoxénico momento Messier, varrendo o moi coñecido cúmulo estelar M44, a colmea, en Cáncer. A amarelenta e brillante estrela Delta Cancri está preto do fondo do recadro.

Texto orixinal no APOD.