Eclipse solar desde Uganda

Eclipse solar sobre UgandaCréditos da imaxe e copyrightJaime Vilinga – colaboración / Institut d’Astrophysique de Paris
Explicación: o disco do Sol estivo eclipsado totalmente por uns breves 20 segundos mentres a escura sombra umbral da Lúa corría ao través de Pokwero no noroeste de Uganda o 3 de novembro. Por iso esta clara imaxe telescópica da totalidade con ceos limpos desde a zona de África central foi a máis desexada polos observadores de eclipses. Na fermosa escena celeste a Lúa cobre xusto a abafantemente brillante fotosfera, a capa inferior e normalmente visible da atmosfera do Sol. Estendéndose máis alá da fotosfera, o brillo avermellado do hidróxeno alfa da cromosfera solar deliña a silueta lunar, debilitándose na atmosfera máis externa, quente e tenue do Sol ou coroa. As prominencias de tamaño planetario que chegan máis alá do limbo do activo Sol adornan os bordos da silueta, incluíndo unha nube de plasma brillante afastado da cromosfera preto da posición da 1 en punto.

Texto orixinal no APOD.