A noite nun planeta arrepiante

A noite nun arrepiante planeta Créditos da imaxe e copyrightStéphane Vetter (Nuits sacrées)
Explicación: que planeta arrepiante é este? O planeta Terra, por suposto, na escura e tormentosa noite do 12 de setembro en Hverir, unha zona xeotermicamente activa ao longo da paisaxe volcánica do norleste de Islandia. As tormentas xeomagnéticas producían a aparición de auroras na noite estrelecida mentres as torres fantasmais de vapor e gas ventean desde fumarolas danzantes contra a arrepiante luz verdella. Hoxe, aínda hai unha posibilidade de tormentas xeomagnéticas desencadeadas pola recente actividade solar, polo que os olladores celestes de altitudes elevadas deberían estar avisados. E as formas fantasmais tamén poden danzar na túa veciñanza. Que teñas un seguro e Feliz Samaín!

Texto orixinal no APOD.