As Nebulosas de Orión e Cabeza de Cabalo

Nebulosas de Orión e Cabeza de CabaloCréditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari e Federico Pelliccia
Explicación: a escura Nebulosa Cabeza de Cabalo e a brillante Nebulosa de Orión son vistas cósmicas que contrastan. Á deriva a 1.500 anos luz de distancia nunha das constelacións máis recoñecibles do ceo nocturno, aparecen en recunchos opostos do mosaico impresionante superior. A familiar nebulosa Cabeza de Cabalo aparece coma unha nube escura, unha silueta pequena marcada contra un brillo vermello longo na parte inferior esquerda. Alnitak é a estrela máis ao levante do cinto de Orión e óllase como a estrela máis brillante á esquerda da Cabeza de Cabalo. Por baixo de Alnitak está a Nebulosa da Chama, con nubes de emisión brillante e espectaculares corredores escuros de po. A magnífica rexión de emisión, a Nebulosa de Orión (ou M42), atópase na parte superior dereita. Inmediatamente á súa esquerda destaca unha nebulosa de reflexión chamada ás veces do Home Corredor. Pódense trazar de xeito sinxelo por toda a rexión gaviáns permanentes de gas hidróxeno brillante.

Texto orixinal no APOD.