NGC 7814: o pequeno “sombrero” de Pegasus

NGC 7814: a pequena galaxia sombreroCréditos da imaxe e copyrightKen Crawford (Rancho Del Sol Obs.)
Explicación: apunta o teu telescopio cara a constelación de altos voos Pegasus e podes atopar esta gran extensión de estrelas da Vía Láctea e galaxias distantes. Centrado en NGC 7814, o fermoso campo de visión estaría case cuberto por unha lúa chea. NGC 7814 é denominado ás veces o Pequeno Sombrero pola súa semellanza á máis brillante e famosa M104, a Galaxia Sombrero. Ámbalas dúas, Sombrero e Pequeno Sombrero, son galaxias espirais que vemos de canto e as dúas teñen grandes bulbos centrais cortados por un disco máis delgado con corredores de po que se ven de perfil. De feito, NGC 7814 está a uns 40 millóns de anos luz de distancia e estímase que ten 60.000 anos luz de diámetro. Aínda que realmente o Pequeno Sombrero ten o mesmo tamaño físico que seu homónimo mellor coñecido, aparenta ser máis pequeno e tenue só debido a que está máis afastado. Unha galaxia anana moi débil, satélite potencial de NGC 7814, desvélase nesta exposición fonda xusto por baixo do Pequeno Sombrero.

N.T.: no inglés orixinal usan a palabra española “sombrero” pola semellanza da galaxia a un “sombreiro mexicano”. Por iso a deixamos na súa forma orixinal.

Texto orixinal no APOD.