Árbore norte celeste

Polo Norte CelesteCréditos da imaxe e copyrightJerónimo Losada
Explicación: ascende por esta árbore e parece que poderías acadar e tocar o Polo Norte Celeste no centro de todos os elegantes arcos dos ronseis estelares. Esta fotografía tan ben composta captouse cun periodo de case 2 horas durante unha serie de exposicións longas e consecutivas de 30 segundos, na noite do 5 de outubro. As exposicións fixéronse cunha cámara dixital fixa a un trípode preto de Almadén de la Plata, provincia de Sevilla, no sur de España, planeta Terra. Como é natural, os ronseis estelares reflicten a rotación diaria da Terra ao redor do seu eixe. Por extensión, o eixe de rotación leva ao centro dos arcos concéntricos do ceo nocturno. A brillante estrela Polaris, de xeito conveniente para os fotógrafos do ceo nocturno do hemisferio norte e ao igual que para os navegadores celestes, está moi preto do Polo Norte Celeste e por iso fanse os ronseis curtos e brillantes do oco central entre as pólas frondosas.

Texto orixinal no APOD.