Sh2-155: a Nebulosa da Cova

A Nebulosa da CovaCréditos da imaxe e copyrightJimmy Walker
Explicación: esta colorida paisaxe celeste amosa o brillo poeirento e avermellado da rexión de emisión do catálogo Sharpless denominada Sh2-155, a Nebulosa da Cova. A uns 2.400 anos luz de distancia, a escena sitúase ao longo do plano da nosa Galaxia Vía Láctea cara a constelación setentrional da realeza Cepheus. As exploracións astronómicas da zona desvelan que se formou no bordo da nube molecular masiva Cepheus B e das estrelas novas, azuis e quentes da asociación Cepheus OB 3. A brillante crista de gas hidróxeno ionizado está alimentado pola radiación que procede das estrelas quentes, dominadas pola estrela azul brillante de clase-O na parte superior central da imaxe. A radiación que dirixe frontes de ionización probablemente chegue a desencadear o colapso dos núcleos e nova formación estelar no seu interior. Co tamaño axeitado para ser unha gardería estelar, a cova cósmica ten uns 10 anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.