ISON, Marte e Regulus

ISOR, Marte e RegulusCréditos da imaxe e copyrightPete Lawrence (Digital-Astronomy)
Explicación: en orde desde o cumio ata o fondo desta instantánea celeste amósase ao Cometa ISON, ao planeta Marte e e Regulus, a estrela alfa da constelación Leo, no mesmo cadro. A escena abarca uns 2 graos preto do horizonte leste nos ceos de primeiras horas da mañá do 15 de outubro. O máis achegado dos tres, o moitas veces pregoado Cometa ISON (C/2012 S1) é con moito o máis feble aos seus 14 minutos luz (1,7 UA) de distancia. Marte está só lixeiramente máis afastado do noso fermoso planeta. A uns 16,5 minutos luz (2 UA) de distancia coa súa normal cor avermellada aclarada nesta exposición. Regulus supera tanto ao cometa coma ao planeta desde unha distancia de 75 anos luz. Xusto por riba de Regulus, a manchiña de luz moi tenue é realmente a galaxia anana Leo I, a 800.000 anos luz de distancia e case perdida no brillo da brillante estrela de tons azulados. Aínda que se agarda que o Cometa ISON se faga máis brillante. Non está claro canto, pero non tanto coma unha Lúa chea nos ceos nocturnos. O núcleo do ISON, cun diámetro estimado de entre 1 e 4 quilómetros, podería sobrevivir considerablemente ao seu encontro moi achegado co Sol do 28 de novembro. Se o fai, o cometa escalará de volta cara a parte superior do horizonte leste do hemisferio norte do planeta Terra antes do mencer a comezos de decembro.