As tres galaxias do Dragón

As tres galaxias do dragónCréditos da imaxe e copyrightStephen Leshin
Explicación: este intrigante trío de galaxias recibe ás veces o nome de Grupo Draco, localizado na constelación meridional de (como suporías) Draco. De esquerda á dereita están a galaxia de canto NGC 5981, a galaxia elíptica NGC 5982 e a galaxia de fronte NGC 5985; todas abarcan neste único campo de visión telescópico un pouco máis cá metade da anchura da Lúa chea. Aínda que o grupo é demasiado pequeno para ser un cúmulo de galaxias tampouco foi catalogado coma un grupo compacto, estando todas estas galaxias máis ou menos a 100 millóns de anos luz da Terra. Nun exame máis completo con espectrógrafos, o núcleo brillante da espectacular espiral frontal NGC 5985 amosa unha destacada emisión en lonxitudes de onda específicas de luz, facendo que os astrónomos a clasifiquen coma unha Seyfert, unha categoría de galaxia activa. Non sendo tan ben coñecido coma outros grupos apretados de galaxias, o contraste da súa aparencia visual fai de este triplete un suxeito atractivo para os astrofotógrafos. Esta exposición impresionantemente fonda sinala unhas capas tenues e afiadas arrodeando á elíptica NGC 5982, evidencia de antigas fusións galácticas. Tamén desvela moitas galaxias no fondo aínda máis afastadas.