M78: po e luz de estrelas

M78_hallas950Créditos da imaxe e copyrightTony Hallas
Explicación: as nubes de po interestelar e as nebulosas brillantes abundan na fértil constelación de Orión. Un dos máis brillantes, M78, está xusto á esquerda do centro desta colorida vista telescópica, que cobre unha zona ao norte do cinto de Orión. A unha distancia duns 1.500 anos luz, a propia nebulosa azulada ten uns 5 anos luz de diámetro. A súa cor azul débese a que reflicte preferentemente a luz azul das estrelas novas e quentes da rexión. Os corredores de po escuro e outras nebulosas se poden perfilar de xeito doado ao través desta impresionante paisaxe celeste. A escena tamén inclúe a destacada Nebulosa de McNeil;  unha nebulosa recoñecida recentemente asociada coa formación dunha estrela de tipo solar, e o desvelador brillo avermellado de moitos obxectos Herbig- Haro, potentes chorros procedentes das estrelas no proceso de formación.