A burbulla e M52

A burbulla e M52Créditos da imaxe e copyright: Robert Colombari
Explicación: a simple vista, esta composición cósmica mantén un agradable equilibrio entre a Nebulosa da Burbulla na parte inferior esquerda co cúmulo aberto de estrelas M52 na parte de enriba e á dereita. Aínda que a parella ficaría descompensada noutras escalas. A Nebulosa da Burbulla (tamén coñecida coma NGC 7635), incrustrada nun complexo de po interestelar e gas e inchada polos vientos dunha única pero masiva estrela de tipo O, ten tan só 10 anos luz de anchura. Por outra banda, M52 é un cúmulo aberto rico de ao redor dun milleiro de estrelas. O cúmulo ten uns 25 anos luz de diámetro. Mirando cara o límite norte de Casiopea, a distancia estimada para a Nebulosa Burbulla e o complexo de nubes asociado e dun 11.000 anos luz, mentres que o cúmulo estelar M52 sitúase case a 5.000 anos luz de distancia. O amplo campo de vista telescópica abarca uns dous graos no ceo ou catro veces o tamaño aparente da Lúa Chea.