Primeiro plano de M106

Primeiro plano de M106Créditos: datos da imaxe composta – Hubble Legacy ArchiveAdrian Zsilavec, Michelle Qualls, Adam Block / NOAO / AURA / NSF
Procesado – André van der Hoeven
Explicación: preto da Osa Maior (Ursa Major) e arrodeada polas estrelas dos Cans de Caza (Canes Venatici), esta marabilla celestedescubriuse en 1781 polo astrónomo métrico francés Pierre Mechain. Máis tarde, engadiuse ao catálodo do seu colega e amigo Charles Messier coma M106. As imaxes telescópicas modernas desvelan que se trata dun universo illa: unha galaxia espiral cun tamaño próximo aos 30 anos luz e localizada a uns 21 millóns de anos luz máis alá das estrelas da Vía Láctea. Xunto cos prominentes corredores de po e un brillante núcleo central, esta imaxe composta chea de cor salienta os cúmulos de estrelas novas azuis e as garderías estelares avermelladas que perfilan os brazos espirais da galaxia. O retrato da galaxia en alta resolución é un mosaico de datos da nítida cámara ACS do Hubble combinado con datos de imaxes en cor de telescopios terrestres. M106 (tamén coñecida coma NGC 4258) é un exemplo achegado da clase Seyfert de galaxias activas, que se ollan ao través do espectro desde o radio ata os raios X. As potentes galaxias activas están alimentadas pola materia que cae ao interior do masivo burato negro central.

Texto orixinal no APOD.