Todas as cores do Sol

Todas as cores do SolCréditos e copyrightNigel Sharp (NSF), FTSNSOKPNOAURANSF
Explicación: Iaínda non se sabe por que a luz do Sol está a perder algunhas cores. Aquí están todas as cores visibles do Sol, producidas ao pasar a luz solar ao través dun dispositivo prismáticoO espectro creouse no Observatorio Solar McMath-Pierce e amosa, o primeiro de todo, que aínda que o noso Sol de aparencia branca emite luz de case calquera cor, parece ser máis brillante en luz amarela-verdosa. As manchas escuras do espectro superior xorden do gas que está na superficie do Sol ou por riba dela, ao absorber a luz solar emitida desde abaixo. Como os tipos diferentes de gas absorben diferentes cores de luz, pódese determinar que gases compoñen o Sol. O helio, por exemplo, descubriuse primeiro en 1870 nun espectro solar e só se atopou máis tarde aquí na Terra. Hoxe, a maioría das liñas de absorción espectral se identificaron; pero non todas.

Texto orixinal no APOD.