Terra equinoccial

Terra equinoccialCréditos da imaxe: Roscosmos / NTSOMZ / zelenyikot.livejournal.com – Cortesía: Igor Tirsky
Explicación: dende unha órbita xeoestacionaria a 36.000 quilómetros de altura sobre o ecuador, o satélite meteorolóxico Elektro-L ruso tira fotografías de alta resolución do noso fermoso planeta cada 30 minutos. Pero só dúas veces no ano, durante un equinoccio, pode capturar unha imaxe coma esta, amosando un hemisferio completo bañado na luz solar. Nun equinoccio o eixo de rotación da terra non se inclina nin cara a nin contra do Sol, polo que a iluminación solar pode estenderse de polo a polo do planeta. Como é natural, esta imaxe do Elektro-L tirouse o 22 de setembro, no equinoccio outonal do hemisferio norte. Nun momento desa data, o Sol estaba por tras do satélite xeoestacionario e un reflexo desvelador da luz solar reflectida vese atravesando o ecuador, o lugar do planeta co satélite e o Sol directamente por riba das cabezas. (gif animado de 5MB).

Texto orixinal no APOD.