M81 fronte a M82

m81 fronte a m82Créditos da imaxe e copyrightIvan Eder
Explicación: aquí na galaxia Vía Láctea temos a primeira fila de asentos astronómicos mentres M81 e M82 se enfrontan, a tan só 12 millóns de anos luz de distancia. Entrelazadas nunha loita gravitacional durante os últimos mil millóns de anos máis ou menos, as dúas galaxias brillantes captáronse nesta fonda instantánea telescópica, construída a partir de 25 horas de datos de imaxes. O seu encontro recente máis achegado probablemente resultou nuns brazos espirais de M81 (esquerda) destacados e virulentas rexións  de formación estelar en M82 tan potentes que a galaxia brilla en raios X. Despois de pasos repetidos, nuns poucos miles de millóns de anos só ficará unha soa galaxia. Dende a nosa perspectiva, este momento cósmico ollámolo ao través do veo en primeiro plano de estrelas e nubes de po da Vía Láctea. As xeralizadas nubes de po, que reflicten tenuemente a luz estelar do primeiro plano, son cirros galácticos relativamente inexplorados ou nebulosas de fluxo integrado, só uns poucos centenares de anos luz por riba do plano da Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.