M45: o cúmulo estelar das Pléiades

m45: o cúmulo estelar das pléiadesCréditos e copyright: Roberto Colombari
Explicación: algunha vez viches o cúmulo estelar das Pléiades? Incluso se o fixeches, probablemente nunca o viches tan poeirento coma este. As brillantes estrelas das Pléiades, quizais o cúmulo estelar máis famoso do ceo, poden ollarse sen binoculares incluso desde as fonduras dunha cidade contaminada luminicamente. Aínda que cunha exposición longa desde unha localidade escura, a nube de po que arrodea ao cúmulo estelar das Pléiades se fai moi evidente. A exposición superior levou unhas 30 horas e cobre unha área celeste varias veces do tamaño da Lúa chea. As Pléiades, tamén coñecidas coma as Sete Irmáns e M45, sitúanse a uns 400 anos luz de distancia cara a constelación do Touro (Taurus). Unha lenda común cun xiro moderno é que unha das estrelas máis brillantes apagouse desde que o cúmulo recibiu o nome, deixando só seis estrelas visibles a simple vista. Porén, o número real de estrelas Pléiades visible pode ser maior ou menor ca sete, dependendo da escuridade do ceo en derredor e da claridade da vista o observador.

Texto orixinal no APOD.