M2-9: ás dunha Nebulosa Volvoreta

m2-9_hub: ás de nebulosa planetaria volvoretaCréditos: Hubble Legacy ArchiveNASAESA – Procesado: Judy Schmidt
Explicación: aprécianxe mellor as estrelas pola súa arte despois de morreren? Realmente, as estrelas acostuman a crear as súas aparicións máis artísticas cando morren. No caso de estrelas de pouca masa coma o noso Sol e M2-9 fotografada máis arriba, as estrelas transfórmanse por si mesmas a partires de estrelas normais en ananas brancas botando fóra as súas envolturas gasosas máis externas. O gas expandido forma frecuentemente unha representación impresionante denominada nebulosa planetaria que se atenúa gradualmente durante milleiros de anos. M2-9, unha nebulosa planetaria volvoreta a 2100 anos luz de distancia amosada en cores representativos, ten ás que nos falan dunha estraña pero incompleta historia. No centro, dúas estrelas orbitan no interior dun disco gasoso de 10 veces a órbita de Plutón. A envoltura expulsada da estrela moribunda fuxiu desde o disco creando a aparencia bipolar. Fica moito por coñecer sobre os procesos físicos que provocan as nebulosas planetarias.

Texto orixinal no APOD.