Estrelas e po ao través de Corona Australis

NGC6726-9Bobillo950
Créditos da imaxe e copyrightIgnacio Díaz Bobillo
Explicación: as nubes de po cósmico espállanse por un campo rico de estrelas nesta ampla vista telescópica preto do bordo meridional de Corona Australis, a Coroa do Sur. A menos de 500 anos luz de distancia as nubes de po bloquean de xeito efectivo a luz que procede das estrelas distantes do fondo que están na Vía Láctea. Todo o recadro abarca uns 2 graos ou uns 15 anos luz á distancia estimada das nubes. Preto do centro está un grupo de encantadoras nebulosas de reflexión catalogadas coma NGC 6726, 6727, 6729, e IC 4812. Unha característica cor azul prodúcese mentres a luz das estrelas quentes se reflicte polo po cósmico. O po tamén escurece a vista das estrelas na rexión aínda en proceso de formación. A nebulosa amarelenta máis pequena NGC 6729 arrodea á nova estrela variable R Coronae Australis. Por baixo hai arcos e bucles identificados coma obxectos Herbig Haro asociados con potentes estrelas recén nadas. O magnífico cúmulo globular de estrelas NGC 6723 está á dereita. Aínda que NGC 6723 parece estar aparte do grupo, as súas estrellas vellas realmente están a uns 30.000 anos luz de distancia, moito máis alá das estrelas novas das nubes de po de Corona Australis dust clouds.