A súper-Terra extrasolar Gliese 1214b podería ter auga

gliese1214 super-terra exoplanetaria que pode ter augaCréditos da ilustración e licenza: ESO, L. Calçada
Explicación: podería este planeta afastado ter auga? Realmente, debido ao achegado que está Gliese 1214b á súa estrella, calquera auga, de existir, seguramente estaría en forma de vapor. Na ilustración artística superior, a súper-Terra Gliese 1214b imaxínase pasando por diante da súa estrela, creando unha mini-eclipse que alertou á humanidade da súa presenza. Gliese 1214b, tamén designada coma GJ 1214b, recibiu a denominación de super-Terra porque é máis grande que a Terra pero máis pequerrecha ca un planeta coma Neptuno. O sistema planetario completo Gliese 1214 é un dos sistemas coñecidos máis achegados ao noso Sol, localizado só a 42 anos luz de distancia. A estrela, Gliese 1214 é unha versión máis fría e lixeiramente máis pequena có noso Sol. Observacións recentes desde o telescopio Subaru en Hawaii atoparon unha moi pequena difusión de luz azul procedente da estrela debido aoplaneta. Isto semella máis consistente cun planeta que teña unha atmosfera acuosa; aínda que aínda é posible que a super-Terra teña nubes tan grosas que calquera cor de luz se se difundiría. Detectar auga en exoplanetas é importante en parte porque a maior parte das formas de vida da Terra precisas na auga para sobrevivir.

Texto orixinal no APOD.