A achegada variable cefeida RS Pup

A variable cefeita RS Pup achegadaCréditos da imaxe: Hubble Legacy ArchiveNASAESA – Procesado: Stephen Byrne
Explicación: é unha das estrelas máis importantes do ceo. Esta, en particular, porque por casualidade está arrodeada por unha refulxente nebulosa de reflexión. A pulsátil RS Puppis, a estrela máis brillante no centro da fotografía, ás veces é dez veces máis masiva có noso Sol e de media 15.000 veces máis luminosa. De feito, RS Pup é unha estrela variable de tipo cefeida, unha clase de estrelas cun brillo que é empregado para estimar distancias ás galaxias achegadas coma un primeiro paso en establecer a escala de distancias cósmicasComo RS Pup escintila durante un periodo duns 40 días, os seus cambios regulares de brillo tamán se ollan ao longo da nebulosa atrasados no tempo, un eco de luz real. Empregando medidas de atraso de tempo e tamaño angular da nebulosa, a coñecida velocidade da luz permite aos astrónomos determinar xeometricamente a distancia ata RS Pup que vén sendo 6.500 anos luz cun erros realmente pequeno de máis ou menos  90 anos luz. Un achádego impresionante para a astronomía estelar, a distancia medida do eco tamén máis permite establecer o verdadeiro brillo de RS Pup e, por extensión doutras estrelas cefeidas, mellorando o coñecemento de distancias ata galaxias máis alá da Vía Láctea. A imaxe superior tirouna o Telescopio Espacial Hubble e procesouna dixitalmente un voluntario.

Texto orixinal no APOD.