Noite no Bosque de Xeo dos Andes

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.


Créditos da imaxe e copyrightBabak Tafreshi (TWAN)
Explicación: este bosque penitentes de xeo e neve reflicte o luar brillanteo ao través da mesete Chajnantor. A rexión está nos Andes chilenos a unha altitude de 5.000 metros, non lonxe dun dos observatorios astronómicos maiores do planeta Terra, o Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA ou Gran Matriz Milimétrica/submilimétrica. Erguéndose varios metros de alto, as formas afiadas e con punta e a  orientación dos penitentes tenden a minimizar as súas formas ao mediodía local. Na atmosfera seca, fría e delgada, a sublimación forzada pola luz solar é importante para a súa formación. Unha transición directa desde un estado sólido a un gasoso, a sublimación moldea tamén outros terreos do sistema solar, coma as superficies xeadas de cometas e os casquetes polares de Marte. Por riba da paisaxe de ensoño estírase o ceo nocturno meridional. As súas propias formas arraigadas no mito, procura as constelacións de Pegasus, Andrómeda e Perseus preto do bordo esquerdo da panorámica. As estrelas brillantes e coloridas de Orión o Cazador están preto do centro, coa Gran Nube de Magallanes e o Polo Sur Celeste no extremo dereito.