M1: o incrible cangrexo en expansión

M1, nebulosa do cangreso en expansiónCréditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona
Explicación: a Nebulosa do Cangrexo está catalogada coma M1, a primeira na famosa lista de Charles Messier de cousas que non son cometas. De feito, o Cangrexo sábese agora que é un remanente de supernova, unha nebulosa en expansión dos refugallos da explosión dunha estrela masiva. O violento nacemento do Cangrexo foi presenzado por astrónomos no ano 1054. Hoxe cuns 10 anos luz de diámetro, a nebulosa aínda está a expandirse a unha velocidade duns 1.000 quilómetros por segundo. Queres ollar á Nebulosa do Cangrexo expandirse? Compróbao nesta animación de vídeo (vimeo) que compara unha imaxe de M1 tirada en 1999 no Observatorio Europeo Meridional (ESO), con esta outra, tirada en 2012 no Mt. Lemmon Sky Center. As estrelas do fondo empregáronse para rexistrar as dúas imaxes. A Nebulosa do Cangrexo atópase a uns 6.500 anos luz de distancia na constelación Taurus.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!

Unha reflexión sobre “M1: o incrible cangrexo en expansión

  1. Pois si. Hoxe publicamos a foto antes que a propia NASA porque eles téñenlle mal posta a data. Ata que non se decaten o sistema non vai proceder a cambiar a foto do día. Aproveitade!!

Os comentarios están pechados.