Norteamérica e o pelícano

Norteamérica e o pelícanoCréditos e copyright: Scott Rosen
Explicación: aquí se atopan formas familiares en ubicacións estrañas. Á esquerda está a nebulosa de emisión catalogada coma NGC 7000, famosa en parte pola súa semellanza ao continente do noso fermoso planeta Norteamérica. A zona de emisión á dereita da Nebulosa Norteamérica é IC 5070, tamén coñecida polo seu suxestivo contorno coma a Nebulosa Pelícano. As dúas nebulosas brillantes, arredadas por unha nube escura de po encubridor, están a uns 1.500 anos luz de distancia. A esa distancia, os 4 graos de anchura do campo de visión abarcan 100 anos luz. Este espectacular retrato cósmico combina imaxes en banda estreita para salientar as frontes brillantes de ionización con detalles finos de formas perfiladas escuras e poeirentas. A emisión do hidróxeno atómico, o xofre e o osíxeno é captada nos datos de banda estreita. Estas nebulosas poden verse con binoculares desde un lugar escuro. Olla ao norleste da brillantes estrela Deneb na constelación de Cygnus o Cisne.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!