Manchas verdes misteriosas no ceo


Créditos do vídeo e copyright: Kevin Snair, Creative Imagery
Explicación: que é iso? Seguramente algunha clase de fenómeno natural apareceu no vídeo que, ata o de agora, desafiou unha identificación clara. O vídeo secuencia superior fíxose para gravar os meteoros das perseidas sobre Hopewell Rocks en New Brunswick, (Canadá) a finais deste verán. O vídeo, que vai desde as 9:30 p.m. do 11 de agosto deica as 3:00 a.m. na mañá seguinte, grava varios meteoros e raias de satélites máis alá dun pintoresco fondo. Cada imaxe grava unha exposición de 30 seguntos. Porén, nuns 25 segundos do vídeo, aparece un estraño brillo verde disperso que cobre o ceo. As posibles explicacións inclúen luminescencia nocturnaaurora, lóstregos dunha fonte artificial ou natural, ou algo completamente diferente. Este APOD é un intento non só de resolver este intrigante misterio do ceo, senón de medir a potencia dos lectores do APOD coma un motor de intelixencia colectiva, de ciencia cidadá. Se tes algunha idea do que podería estar a provocar este fenómeno, por favor, colabora coa discusión.

Texto orixinal no APOD.