Un triplete de Saxitario

O triplete de SagittariusCréditos da imaxe e copyright: Tony Hallas
Explicación: estas tres nebulosas brillantes a menudo se amosan nas xiras telescópicas da constelación Sagittarius e campos estelares ateigados da Vía Láctea central. De feito, o turista cósmico do século XVIII Charles Messier catalogou dúas delas; M8, a gran nebulosa á esquerda do centro e a colorida M20 na dereita. A terceira, NGC 6559, está por riba de M8, afastada das nebulosas máis grandes por un corredor de po escuro. As tres son garderías estelares a aproximadamente uns cinco mil anos luz de distancia. A estensa M8, cuns cen anos luz de tamaño, tamé é coñecida coma a Nebulosa da Lagoa. O alcume de M20 é a Trífida. O gas hidróxeno brillante crea a cor vermella dominante das nebulosas de emisión, en contraste cos tons azuis máis chamativos da Trífida, debido ao po que reflicte a luz estelar. A paisaxe celeste chea de cor captada con telescopio e cámara dixital tamén inclúe un dos cúmulos abertos de estrelas de Messier, M21, xusto por riba da Trífida.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!