Un Sol de amorodo

Un Sol de amorodo

Créditos da imaxe e copyrightLaurie Hatch

Explicación: esta abraiante escena doutro mundo realmente é unha imaxe do planeta Terra. O ceo ocre e o Sol vermello amorodo foron fotografados o 22 de agosto preto da pequena vila de Strawberry, California (EUA). Ao longo da autoestrada 108, esa localidade está a unhas 30 millas ao norte da orixe do gran Rim Fire de California (N.T.: un gran incendio forestal), que aínda ameaza zonas do interior e ao redor do Parque Nacional Yosemite. As enormes nubes de fume do incendio forestal son facilmente visibles desde o espazo. Pero ollando no interior das nubes, as pequenas partículas de fume suspendidas na atmosfera atenúan o Sol, difundindo a luz azul e coloreando intensamente o ceo.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!