Unha tormenta en retirada no solpor

Nube de tormenta en retiradaCréditos da imaxe e copyright: Alan Dyer (The Amazing Sky)
Explicación: que clase de nube é esa? Esta nube cumulonimbus en retirada, máis comunmente denominada nube de tormenta, é algo inusual xa que contén as estrañas protuberancias dunha nube mammatus na parte próxima, mentres está a producir de xeito simulténeo chuvia na parte afastada. Captada a mediados de xuño no sur de AlbertaCanadá, a nube está a moverse cara o leste, ao fondo, mentres o Sol se pon no oeste, tras da cámara. Na imaxe superior, as cores realistas do solpor atravesan o ceo e danlle á xa fotoxénica nube un laranxa impactante e tons rosados. Un ceo azul que se escurece cobre o fondo. A lonxe, unha lúa que se erguechepuda, crecente, pode ollarse no extremo dereito.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!