Voando polo Campo Ultrafondo do Hubble

Créditos do vídeo: NASA, ESA, F. Summers, Z. Levay, L. Frattare, B. Mobasher, A. Koekemoer e o Equipo HUDF (STScI)
Explicación: como sería voar ao través do universo afastado? Para averigualo, un equipo de astrónomos estimou as distancias relativas a unhas 5.000 galaxias nun dos campos de galaxias máis distantes nunca antes fotografado: o Campo Ultra-Fondo do Hubble (HUDF). Debido a que á luz lle leva moito tempo cruzar o Universo, a maior parte das galaxia visibles no vídeo superior óllanse cando o Universo tiña só unha fracción da súa idade actual, aínda estaba a formarse, e tiñan estrañas formas cando se comparan con galaxias modernas. Non existían galaxias espirais de aspecto maduro coma a nosa Vía Láctea ou a galaxia de Andrómeda. Cara o final do vídeo o observador virtual voa ao pasado das galaxias máis afastadas do campo HUDF, das que se recolleu un corremento ao vermello superior a 8. Esta clase temperá de galaxias de baixa luminosidade contiñan estrelas potentes que emiten luz que se transformou en gran parte da materia normal que queda no Universo a partires desde un gas frío a un plasma ionizado quente.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!