A brillante nebulosa planetaria NGC 7027 desde o Hubble

A brillante nebulosa planetaria ngc7027 desde o Hubble
Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, ESA, NASA; Procesado: Delio Tolivia Cadrecha
Explicación: Ié unha das nebulosas planetarias máis brillantes do ceo; como debería chamarse? Descuberta por primeira vez en 1878, a nebulosa NGC 7027 pode ollarse cara a constelación do Cisne (Cygnus) cun telescopio común de andar por casa. En parte debido a que se parece tan só a unha mancha indiferente, raramente é refereida polo seu albume. Porén, cando o Telescopio Espacial Hubble que orbita a Terra a fotografou, desvelou moitos detalles. O estudo das imaxes do Hubble de NGC 7027 levaron a comprender que se trata dunha nebulosa planetaria que comezou a espandirse hai uns 600 anos e que a nube de gas e po é estrañamente masiva xa que parece conter unhas tres veces a masa do noso Sol. Na fotografía de arriba con cores que se asignaron, as características resoltas de NGC 7027, a estrutura de capas e os lazos de gas, poderían lembrar aos entusiastas do ceo a un icono famiiar que podería ser a base para un nome informal. Por favor, fai as túas suxerencias sen compromiso; algunhas están a ser recollidas, por exemplo, nun foro de discusión en liña do APOD.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!