As galaxias espirais en colisión de Arp 271

As galaxias espirais en colisión arp271
Créditos e copyrightGemini ObservatoryGMOS-SouthNSF
Explicación: en que se convertirán estas galaxias? As galaxias espirais NGC 5426 e NGC 5427 están a pasar perigosamente preto unha da outra, pero probablemente as dúas sobrevivan a esta colisión. Normalmente cando as galaxias colisionan, unha galaxia grande cómese a unha galaxia moito máis pequena. Porén, neste caso, as dúas galaxias son bastante similares, sendo cada unha delas unha espiral espallada con grandes brazos e núcleo compacto. Mentres as galaxias avanzan durante as vindeiras deceas de millóns de anos, as estrelas que as compoñen é difícil que colisionen, aínda que se formarán estrelas novas no amoreamento de gas creado pola mareas gravitacionais. Unha inspección achegada da imaxe superior tirada polo Telescopio Gemini-Sur de 8 metros en Chile amosa unha ponte de material que está a conectar momentaneamente as dúas xigantes. Coñecidas en conxunto coma Arp 271, a parella en interacción abarca uns 130.000 anos luz e atópase a uns 90 millóns de anos luz de distancia na constelación de Virgo. As predicións recentes manteñen que a nosa galaxia Vía Láctea experimentará unha colisión semellante coa veciña galaxia Andrómeda nuns poucos miles de millóns de anos.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!