Adeuses terrestres en Saturno

Adeuses terrestres en SaturnoCréditos: NASAJPL-CaltechCassini ProjectDenizens of Earth
Explicación: este encantador foto collage está construído a partires de máis de 1.400 fotografías comparticas por cidadáns do planeta Terra coma parte da Misión Casini do 19 de xullo evento Onda en Saturno. A imaxe de base da Terra correspóndese á visión da nave espacial Cassini que orbita Saturno nesa data mentres as súas propias cámaras gravaban fotografías que incluían ao planeta Terra coma un punto azul pálido no fondo. Por suposto, Saturno estaba a 9,65 Unidades Astronómicas de distancia nese momento, así que recibía a luz de todos os adeuses dos habitantes terrestres durante uns 80 minutos de viaxe ata alí. Queres sorrir? Descarga e amplía a resolución completa (arquivo jpg de 28MB) a imaxe collage dispoñible aquí.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!