Un espectro de Nova Delphini

O espectro de nova delphini
Créditos da imaxe e copyrightJüerg Alean
Explicación: cando unha estrela nova apareceu na constelación Delphinus a finais da semana pasada, os astrónomos atoparon que o seu espectro tiña indicios da verdadeira natureza da aparición. Coñecida agora coma Nova Delphini, o seu espectro en luz visible preto do bríllo máximo está centrado nesta imaxe preto do campo estelar captado co prisme e o telescopio na noite do 16/17 de agosto no Sternwarte Bülach, Suíza. As potentes liñas de absorción debidas aos átomos de hidróxeno óllanse coma as franxas máis escuras do espectro da nova, pero as potentes liñas de absorción están limitadas ao longo do seu bordo avermellado por bandas brillantes de emisión. Ese patrón é a signatura espectral do material expulsado desde o sistema binario cataclísmico coñecido coma unha nova clásica. Outras estrelas do campo son máis febles, identificadas polos seus números do catálogo Hipparcus, as magnitudes do seu brillo e as clases espectrais. Por casualidade, a tenue liña de emisión procedente da nebulosa planetaria NGC 6905 tamén se incluíu, sinalada na parte inferior dereita.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!