IC 5067 na Nebulosa Pelícano

IC 5070: na Nebulosa PelícanoCréditos da imaxe e copyrightCésar Blanco González
Explicación: a prominente crista de emisión amosada nesta espectacular paisaxe celeste catalógase coma IC 5067. Parte dunha nebulosa de emisión máis grande cunha forma distintiva, chamada popularmente A Nebulosa Pelícano, a crista abarca uns 10 anos luz seguindo a cabeza e o pescozo cósmicos do pelícano. Esta imaxe en falsa cor traslada o brillo dominante das estreitas liñas de emisión dos átomos da nebulosa a unha paleta de cor popularizada polas fotografías do Telescopio Espacial Hubble das rexións de formación estelar. As formas escuras e fantásticas que habitan o campo de medio grao de anchura son nubes de gas e po fríos esculpidos polos ventos e a radiación procedente de estrelas quentes e masivas. Os primeiros planos dalgunhas nubes esculpidas amosan signos claros de estrelas recén formadas. A Nebulosa Pelícano, catalogada coma IC 5070, está a uns 2.000 anos luz de distancia. Para atopala olla co norleste da brillante estrela Deneb na constelación de altos voos Cygnus.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!