Meteoros das perseidas sobre China

Perseidas sobre ChinaCréditos da imaxe e copyright: Xiang Zhan (Beijing Planetarium)
Explicación: o po de cometa choveu sobre o planeta Terra a comezos deste mes, raiando ao través dos ceos escuros na chuvia de meteoros das perseidas anual. Mentres gozaba do temperán tempo espacial sobre Zhangbei Prairie, provincia HebeiChina, o astrónomo Xiang Zhan gravou unha serie de exposicións de 10 segundos de duración que abarcan catro horas na noite de agosto do 12/13 empregando unha lente gran angular. Combinando fotogramas que captaron destellos de 68 meteoros, produciu a imaxe composta superior das perseidas de verán. Aínda que as partículas cometarias do tamaño de areas viaxan en parelalo, os meteoros da chuvia resultante parecen radiar claramente desde un punto concreto do ceo na constelación epónima de Perseus. O efecto radiante débese á perspectiva, xa que as liñas paralelas parecen converxer na distancia. A próxima chuvia de meteoros destacable pode ser as Oriónidas a finais de outubro.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!