M8: a nebulosa da Lagoa

M8: a nebulosa da LagoaCréditos da imaxe e copyrightIgnacio Díaz Bobillo
Explicación: esta fermosa nube cósmica é unha parada popular nas xiras telescópicas da constelación Sagittarius. O turista cósmico do século dezaoito Charles Messier catalogou á brillante nebulosa coma M8. Os astrónomos contemporáneos recoñecen a nebulosa da Lagoa coma unha gardería esterlar activa a uns 5.000 anos luz de distancia, na dirección do centro da nosa Galaxia Vía Láctea. As estrelas quendas do cúmulo estelar aberto incrustado NGC 6530 potencias o brillo nebular. Poden perfilarse características destacadas a través desta imaxe definida, fachendeando os filamentos da Lagoa de gas brillante e nubes de po escuro. Xirando preto do centro da Lagoa, a pequena e brillante forma de reloxo de area é o resultado turbulento de ventos estelares extremos e luz estelar intensa. A atraínte imaxe en cor captouse cun telescopio e unha cámara dixital mentres M8 estaba alta nos ceos escuros da Arxentina rural. Á distancia estimada da nebulosa, e imaxe abarca uns 60 anos luz.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!