A corrente de Magallanes

A corrente de Magallanes
Créditos: ciencia – NASAESAA. Fox, P. Richter et al.
Imaxe – D. Nidever et al.NRAO/AUI/NSFA. MellingerLAB SurveyParkesWesterbork, e Arecibo Obs.
Explicación: nunha versión astronómica da procura das fontes do Nilo, agora os astrónomos teñen evidencias fortes da orixe da corrente de Magallanes. Esta composición amosa a franxa longa de gas, descuberta en ondas de lonxitude do radio nos anos 1970, en tons rosados perante unha imaxe completa do ceo en visual atravesado polo plano da nosa galaxia Vía Láctea. Ámbalas dúas Nubes de Magallanes, Pequena e Grande, galaxias ananas e satélites da Vía Láctea, pódense ver preto da cabeza da corrente á dereita. Os datos procedentes do Cosmic Origins Spectrograph (Espectrógrafo Orixes Cósmicas) do Hubble empregáronse para explorar as abundancias de elementos ao longo das ubicacións dos cuásares que entrecruzan a corrente. Os resultados indican que a maioría do material da corrente provén da Pequena Nube de Magallanes. Probablemente a corrente de Magallanes sexa o resultado de interaccións gravitatorias de marea entre as dúas galaxias ananas de hai uns 2 mil millóns de anos, coa Pequena Nube de Magallanes perdendo máis material no encontro debido á súa menor masa.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!