Posta da Lúa desde Taiwán

Posta da Lúa no horizonte
Créditos da imaxe e Copyright: Hung-Hsuan Yen
Explicación: costou tres mundos crear estas dúas liñas. O primeiro mundo foi a Terra, que era bastante prominente. A liña divisoria que percorre horizontalmente por baixo da metade que separa o mar do ceo. Nesta parte da Terra, é case de noite. O segundo mundo foi a Lúa, que estaba case invisible. A Lúa tiña a súa metade sen alumear enmascarada polo brillo vermello do solpor do ceo terrestre. Unha fina tallada da Lúa nova é visible, un crecente que perfila a liña curva brillante. O terceiro mundo era o Sol, que non aparece directamente. Toda a luz captada na imaxe orixinouse no Sol. A exposición superior de medio segundo tirouse a semana pasada desde AnpingTaiwan. Uns poucos minutos despois de que se tomara esta imaxe a Terra xirou xusto un pouquichiño máis, facendo que a Lúa seguira ao Sol adentro do mar, e o horizonte escureceu.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!