Meteoros das perseidas sobre Ontario


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.


Créditos da imaxe e copyright: Darryl Van GaalAnotacións: Judy Schmidt
Explicación: de onde veñen todos eses meteoros? En termos de dirección no ceo, a resposta anotada é a constelación de Perseus. Esa é a razón pola que a chuvia de meteoros que tivo o máximo nos últimos días é coñecida como as perseidas; os meteoros semellan vir todos desde un radiante cara Perseus. Porén, tridimensionalmente, os refugallos do tamaño de grans de area expulsados desde o Cometa Swift-Tuttle seguen unha órbita ben definida ao redor do noso Sol, e a parte da órbita que se aproxima á Terra está superposta ao fronte de Perseus. Polo tando, canto a Terra cruza esta órbita o punto radiante dos refugallos que caen aparece en Perseus. Na fotografía superior, unha composición de 13 fotografías temperáns da chuvia de meteoros das perseidas deste ano amosa moitos meteoros brillantes que raiaron todo o ceo na noite do 11 de agosto preto de Oakland, en Ontario (Canadá).

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!