Órbitas de asteroides potencialmente perigosos

órbitas de asteroides potencialmente perigososCréditos da imaxe: NASAJPL-Caltech

Explicación: son perigosos os asteroides? Algúns o son, pero a probabilidade de que un asteroide perigoso golppe a Terra duran un ano determinado é baixa. Porén, debido a que algúns acontecementos de extinción masiva do pasado estiveron ligados a impactos de asteroides, a humanidde fixo da busca e catalogación deses asteroides que un día poden afectar á vida na Terra unha prioridade. Na imaxe superior están as órbitas duns 1.000 Asteroides Potencialmente Perigosos (PHAs polas súas siglas en inglés). Estes penedos rodantes documentados de rocha e xeo teñen uns 140 metros de diámetro e pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros da Terra; unhas 20 veces a distancia á Lúa. Aínda que ningunha delas impactará na Terra nos vindeiros 100 ano (non se duscubriron todos os PHAs), e nos pasados 100 anos, moitas órbitas son difíciles de predicir. Por exemplo, se un asteroide deste tamaño impactase na Terra, podería provocar perigosos tsunamis. Naturalmente,  anacos de rocha e xeo de menor tamaño golpean a Terra todos os días, normalmente non supoñen perigo e ás veces producen bólidos memorables e exhibicións de meteoros.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!