M74: a Espiral Perfecta

m74 a espiral perfecta
Créditos da imaxe: NASAESA e o Hubble Heritage (STScI / AURA)- ESA / Hubble Collaboration
Agradecementos: R. Chandar (Univ. Toledo) e J. Miller (Univ. Michigan)
Explicación: se non é perfecta, polo menos esta galaxia espiral é unha das máis fotoxénicas. Un universo illa dunhs 100 mil millóns de estrelas, a 32 anos luz de distancia cara a constelación PiscesM74 presenta unha fascinante visión frontal. Clasificada coma unha galaxia Sc, o gran deseño dos gráciles brazos espirais de M74 están perfilados por cúmulos de estrelas azuis brillantes e corredores de po cósmico escuro. Esta definida composición, construía a partires de datos de imaxes gravados en 2003 e 2005, débese á Advanced Camera for Surveys (Cámara avanzada de sondaxes) do Telescopio Espacial Hubble. Abarcando uns 30.000 anos luz de diámetro da faciana de M74, inclúe exposicións que captan a emisión dos átomos de hidróxeno, salientando o brillo avermellado das grandes rexións de formación estelar da galaxia. Recentemente, moitos astrónomos están a rastrexar unha supernova brillante que se ollou en M74.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!