Perseidas sobre Meteora

Perseidas sobre MeteoraCréditos da imaxe e copyrightBabak Tafreshi (TWAN)
Explicación: os dous meteoros brillantes que resplandecen ao través desta paisaxe celeste nocturna do 7 de agosto forman parte da ochuvia de meteoros das perseidas en curso. Na dirección indicada por ámbalas dúas liñas coloridas, o radiante da chuvia na epónima constelación de Perseus está no extremo superior dereito. A estrela do norte, Polaris, preto do centro de todos os ronseis estelares que forman arcos curtiños no extremos superior esquerdo. Tamén nomeado pola súa pose contra o ceo, o mosteiro construído nos desacougantes cantís de arenisca no primeiro plano é parte de Meteora. Un lugar Patrimonio da Humanidade, Meteora é un histórico complexo de nobles mosteiros situados preto de Kalabaka, na Grecia central.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!