Perseida sobre o castelo Albrechtsberg

Perseida e castelo de AlbrechtsbergCréditos da imaxe e copyrightSebastian Voltmer
Explicación: castelo medieval de Albrechtsberg atópase recollido entre as árbores preto da beira norte do río Pielach e a cidade de Melk, Austria. Nos claros ceos nocturnos do 12 de agosto de 2012 ficaba baixo as constelacións do verán setentrional, con Aquarius, Aquila e a tenue e compacta Delphinus (por riba e á dereita do centro) nesta paisaxe celeste orientada ao oeste. A escena tamén capta un meteoro brillante por riba dos muros do castelo. O seu ronsel, parte da chuvia anual de meteoros das perseidas, apunta cara atrás ata a heorica constelación Perseus, no alto e por riba do horizonte nas primeiras horas da madrugada. Entrando na atmosfera a uns 60 quilómetros por segundo, os meteoros das perseidas son grans de po varridos procedentes da cola do cometa Swift-Tuttle. Naturalmente, os meteoros das perseidas deste ano relucirán por todo o ceo nocturno esta fin de semana.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!