Meteoros e auroras sobre Islandia

Meteoros e auroras sobre IslandiaCréditos da imaxe e copyright: James Boardman-Woodend Images ~ Inspired by Nature
Explicación: que está a acontecer por tras dese volcán? Bastantes cousas. O primeiro de todo, o propio volcán, denominado Kirkjufell, é bastante vello e localízase no oeste de Islandia preto da cidade de Grundarfjörður. En fronte da estructura moi inclinada sitúase un fiorde que acaba xusto de empezar a conxelarse canto se tirou a imaxe superior, a mediados de decembro de 2012. Aínda que bastante tenue a simple vista, as fermosas cores das auroras do fondo fixéronse bastante aparentes na exposicion de 25 segundos. Pero o que fai que esta imase sexa especial  é que tamén capta as raias da chuvia de meteoros das xemínidas; meteoros que poderían non ter sido detectados se a aurora fose moito máis brillante. Ao lonxe, na esquerda, está a banda da nosa Galaxia Vía Láctea, mentres as estrelas da nosa zona local da Vía Láctea aparecen espalladas por todo o fondo. A chuvia de meteoros das perseidas desta fin de semana acadarán o seu cumio e poida que proporcionen aos entusiastas do ceo as súas propias experiencias visuais memorables.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!