Na veciñanza da Nebulosa Cono

Na veciñanza da nebulosa ConoCréditos da imaxe: Telescopio Subaru (NAOJ) e DSS;
Ensamblaxe e procesado: Robert Gendler
Explicación: formas e texturas estrañas poden atoparse na veciñanza da Nebulosa Cono. As formas raras orixínanse a partires do fino po interestelar que reacciona de xeito complexo coa potente luz e o gas quente que é expulsado polas estrelas mozas. A estrela máis brillante da dereita da fotografía superior é S Mon, mentres que a rexión xusto por baixo recibiu o alcume de Nebulosa do Pelico do Raposo pola súa cor e estrutura. O brillo azul que arrodea directamente S Mon provén da reflexión, onde o po veciño reflicte a luz da brillante estrela. O brillo vermello que inclúe toda a zona provén non só da reflexión do po senón tamén da emisión do gas hidróxeno que foi ionizado pola luz estelar. S Mon forma parte dun recente cúmulo aberto de estrelas denominado NGC 2264, localizado a uns 2500 anos luz de distancia cara a constelación do Unicornio (Monoceros). Aínda que apunta directamente a S Mon, os detalles da orixe da misteriosa e xeométrica Nebulosa Cono, visible no extremo esquerdo, seguen a ser un misterio.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!