Deixando a Terra


Créditos da imaxe: NASA/JHU Applied Physics Lab/Carnegie Inst. Washington
Explicación: como sería abandonar o planeta Terra? Tal acontecemento foi gravado de forma visual moi polo miúdo pola nave espacial MESSENGER cando se virou cara a Terra, hai oito anos, no seu camiño cara o planeta Mercurio. Pode verse á Terra rotando neste vídeo secuencia, mentres recúa na distancia. A metade da Terra alumeada polo Sol é tan brillante que o fondo de estrelas non se pode ver. Agora, a nave espacial automática MESSENGER está a orbitar ao redor de Mercurio e recentemente rematou o seu primeiro mapa completo da superficie. Ás veces, a MESSENGER seguiu a mirar cara o seu fogar. A MESSENGER é unha das poucas cousas creadas na Terra que a abandonaron e nunca voltarán; ao final da súa misión a MESSENGER estrelaráse contra a superficie de Mercurio.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!