A superficie de Ío: en construción

A superficie de Ío: en construciónCréditos da imaxe: Proxecto GalileoJPLNASA
Explicación: o mesmiño ca unha zona do centro da túa cidade favorita e calquera web digna… a superficie de Ío está constantemente en construciónEsta lúa de Xúpiter mantén o mérito de ser o corpo do Sistema Sola volcanicamente máis activo; co aspecto estrafalario da súa superficie formada e reformada arreo por fluxos de lava. Esta imaxe composta de alta resolución, creada empregando datos de 1996 da sonda espacial Galileo da NASA, céntrase na faciana de Ío que sempre se enfronta a Xúpiter. Foi mellorada para enfatizar as variacións de brillo e cor da superficie de Ío, desvelando características tan pequenas coma de 2 quilómetros e medio de diámetro. A ausencia destacada de cráteres de impacto suxire que toda a superficie se cobre con depósitos volcánicos novos máis axiña do que se crean os cráteres. Que dirixe esta forza motriz volcánica? Unha probable fonte de enerxía serían as mareas gravitatorias cambiantes provocadas por Xúpiter e outras lúas galileanas mentres Ío orbita o masivo planeta xigante gasoso. Ao quecer o interior de Ío, o bombeo das mareas xerarían a actividade volcánica sulfurosa.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!